lunes, 11 de marzo de 2024

DÍA DE ROSALÍA

O venres, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía no noso cole. Limos o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, lembrando a nosa poeta galega que representa como ningunha outra o sentimento de pertenza á nosa Terra. Tamén fixemos entre todos e todas o retrato da nosa poetisa galega. Aquí vos deixo un vídeo dalgúns momentos deste día tan especial.




jueves, 22 de febrero de 2024

BOOKTRAILERS

 Bo día Lililector@es!

O pasado día 16 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron un taller para aprender a facer BOOKTRAILERS. Sabedes o que é? Pois trátase de editar un vídeo destinado a promocionar un libro, similar aos tráilers cinematográficos que promocionan películas. Así, os nenos e nenas puxéronse mans á obra e, a través da música, imaxes, secuencias grabadas, efectos, etc. fixeron os seus propios booktrailers destacando os aspectos máis engaiolantes dun libro, para recomendar a lectura deste.

Aquí vos deixo algunhas fotos e algúns dos vídeos editados por eles. Que artistas!


Vídeo editado polo alumnado de 6º EP

Vídeo editado polo alumnado de 5º EP







jueves, 8 de febrero de 2024

Venres de Entroido!

Aí ven o Entroido e a festa rachada, cos nenos na escola faremos foliada!
O futuro chega ás portas da nosa escola... BEEP-BEEP!

miércoles, 7 de febrero de 2024

Mandadiños do Meco

Querido xoves... toca sorprender!
Por aquí vámonos ao sinxelo, tan só queremos festa e bailoteo!

martes, 6 de febrero de 2024

lunes, 5 de febrero de 2024

Mandadiños do Meco

E aquí vai o mandadiño para mañá!
O noso esqueleto xa ten os complementos axeitados! No Entroido, todo vale!

Mandadiños do Meco 2024

Chegou o Entroido ao noso colexio e como cada ano, o Meco trae as súas propostas. Hoxe, luns: