martes, 14 de marzo de 2017

CHEGOU O ENTROIDO!


Ao chegaren estas datas, atopábamonos viaxando por Exipto con Lili. Para deseñar o noso disfrace inspirámonos na vestimenta dos antigos faraóns.


Desfilamos moi alegres todos xuntos ata o Concello. Os freixós e as orellas que comemos despois estaban ben ricos.

Ao final queimamos o Entroido, unha momia exipcia que quedou moi ben feita.






Que bo día pasamos!