lunes, 30 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Unha nova carta de Lili trouxo moita expectación ao noso colexio. Propoñíanos realizar un xogo de pistas dos que tanto nos gustan, para atopar o novo libro da Mochila Viaxeira.

As pistas déronnos que pensar. Non sabemos se isto estará relacionado co lema deste ano que é "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar", pero case seguro que si.










                                           Despois de moito buscar, atopamos o noso libro.









As mochilas completas comezaron a súa viaxe.









Demos a benvida aos novos compañeiros entregándolles o carné da biblioteca.

A desfrutar coa lectura, meus amigos!