lunes, 4 de diciembre de 2017

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA



Na semana do 1 ao 11 de decembro conmemórase a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.


España é unha nación moi antiga, históricamente formada por moitos pobos. No ano 1978 decidiu regularse por medio de normas civilizadas e democráticas. A Constitución Española de 1978 é a lei esencial pola cal nos reximos en España e gracias a ela vivimos en pacífica democracia. España é un Estado democrático porque ante todo busca a liberdade, a xustiza e a igualdade para todas as persoas que o formamos e calquera ten dereito a expoñer e defender as súas ideas en público sin ser perseguido.

A bandeira de España inventouna o Rey Carlos III para distinguir os nosos barcos dos demais. As súas cores son o vermello e o amarelo.









Os máis pequenos pintarán este debuxo.




O Estatuto de Autonomía de Galicia, é a lei que regula a vida e a convivencia dos cidadáns  e cidadás de Galicia. Aprobouse no ano 1981. Nel establécense as seguintes cuestións: o territorio, a capital (Santiago de Compostela), as linguas oficiais (galego e castelán), as competencias autonómicas, as institucións que gobernan e os símbolos de Galicia (himno, escudo e bandeira).


Para os maiores do cole deixámosvos un libro LIM que fixeron no CEIP CHANO PIÑEIRO (Gondomar). Grazas por compartilo.